avatar

Ola,
chámome Xosé A. Touriñán e son actor

Sobre min

“Rir para vivir” é o meu lema! Todo o mundo me recoñece como Mucha, do dúo As Cantareiras de Ardebullo que formei co meu amigo Marcos Pereiro. Desde entón, pasei pola televisión con Padre Casares , Air Galicia e Tourilandia, e levei o meu humor por toda Galicia co ciclo de monólogos R e con Manolo Lojo. Na actualidade, traballo no Land Rober e en Era Visto!, interpreto a Santi do Monólogo do Imbécil e xiro por todo o país co espectáculo cómico Curtis & Teixeiro.

Vida

  • 1980

    Son de Castelo

    Nacín e vivo ao pé do Monte Xalo, en Culleredo. A verdade é que no mellor lugar do mundo non se vive nada mal.

  • 1988

    Estudei en Tarrío

    Onde coñecín ao meu compañeiro e amigo Marcos Pereiro, e onde descubrín o mundo do teatro.

  • 1994

    Xoguei ao balonmán

    E cheguei ata a selección galega, logo de aprender no Grupo Mar Culleredo.

  • 1999

    Estudei Filoloxía Galego-Portuguesa

    E son licenciado! A idea era ser profesor de galego, pero chegado o momento cambiei de opinión. Estar diante de tanta xente...

  • 2000

    A miña chegada ó audiovisual

    Fun vixiante nocturno dun decorado da película "Se quién eres". Ter tiña que vixiar, pero durmía no coche.

Experiencia

Televisión
Atresmedia, Bambú Producciones
2017 - 2018
Fariña
Serie baseada no libro de Nacho Carretero sobre o mundo do narcotráfico en Galicia nos anos oitenta. Touriñán interpretará a Paquito Charlín, fillo dun dos narcos da novela.
RTP, TVG
2017
Vidago Palace
Serie cuxa acción sitúase no verán de 1936 e céntrase no amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimieiro e noiva de César, e Pedro, empregado no hotel, unha época en que imperaban as conveniencias familiares e sociais. Touriñán interpreta ao Padre Raimundo, o cura que vai casar ós personaxes da serie, Carlota e César Augusto.
Os Dous de Ardebullo, TVG
2016 - 2017
Nós
Programa de humor da Televisión de Galicia que se emitiu durante as festas do Nadal. Os actores e humoristas cullerdenses fan un repaso pola historia do noso país en clave de comedia, con argumentos centrados en tres datas moi especiais como a Noiteboa, a Noitevella e a noite de Reis.
TVG
2012 - 2016
Land Rober Tunai Show
Programa de humor da Televisión de Galicia que conta cada semana cun convidado estelar, música en directo e con representación cómicas no que o público ten un papel fundamental. Nel son co-presentador e interpreto a João Simões, entre outros moitos personaxes.
La Sexta, Globomedia
2016
El Club de la Comedia
Participei como monologuista nun dos programas deste formato de televisión del género stand up comedy no que monologuistas profesionais e actores invitados enfréntanse ao público en directo cun monólogo de entre 8 e 10 minutos de duración.
TVG
2016
Gala dos Premios Mestre Mateo
Gala da Academia Galega do Audivisual que presentei xunto á xornalista Marga Pazos.
Os Dous de Ardebullo, TVG
2016
Buscando Ardebullo
Espazo da Televisión de Galicia conducido por min, Marcos Pereiro e Manolo Pereiro, o pai de Marcos. Xuntos percorremos toda Galicia na procura dese lugar idílico que podería ser o noso Ardebullo.
TVG, Mad Mex Filmanova
2016
Casa Manola
Participei nun capítulo desta serie de televisión do xénero da comedia, que conta a vida de Manola e Barrantes, irmáns, que aproveitando unha subvención, reforman a casa facendo unha casa de turismo rural.
Canal+, Movistar+
2014-2015
Ilustres Ignorantes
Participei como invitado en dúas ocasións neste programa de humor presentado por Javier Coronas no que se pretende dar contestación a preguntas absurdas sobre temas da vida cotiá.
TVG
2014
Libro de Familia
Estiven nun dos capítulos desta serie que retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla.
TVG, Ficción Producciones
2013
Escoba!
Participei nun dos capítulos desta sitcom galega con 5 mulleres como protagonistas que se reúnen para xogar á escoba. Sobre a mesa non só haberá bastos, ouros, copas e espadas, reis e cabalos, senón multitude de temas que debullarán con ton irónico e con boa retranca.
Airapro e Ficción Produccións
2012-2014
A Casa da Conexa
Programa de humor e entretemento no que as protagonistas eran Mucha e Nucha.
Airapro, CTV
2012-2013
Tourilandia
Show da Televisión de Galicia do que fun presentador e director e no que o entretemento é a gran premisa, centrándose sempre nun humor apto para todos os públicos.
Zopilote
2011-2016
Era visto!
Comedia familiar líder de audiencia na TVG na que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego. Nela interpreto a Puskas, do bar “Puskas”.
Airapro, TVG
2011, 2012, 2013
Especiais de Mucha e Nucha
Programas especiais de Nadal producidos para a TVG nos que participei como guionista e como actor. Neles, as Cantareiras de Ardebullo, onde interpreto a Mucha, comparten a súa noIte de Nadal cos telespectadores.
TVG
2010
Gala dos Premios Mestre Mateo
Presentador e guionista da gala dos Mestre Mateo, organizada pola Academia Galega do Audiovisual.
TVG
2009
Gala dos Premios Mestre Mateo
Presentador da gala que reúne cada ano aos profesionais do audiovisual galego.
TVG
2009
Botarse ao monte
Programa da Televisión de Galicia sobre sendeirismo no que participei como presentador. Nel percórrense distintas localizacións de Galicia e danse consellos sobre excursionismo.
TVG
2008-2015
Luar
Show de variedades que se emite dende fai 23 anos na TVG. Participei en máis de 100 programas poñéndolle cara a Mucha, unha das Cantareiras de Ardebullo.
TVG
2008-2015
Padre Casares
Serie da Televisión de Galicia de gran éxito na que interpretei a Rodolfo, o fillo de Puri.
Voz Audiovisual
2007
A vida por diante
Serie da Televisión de Galicia sobre a loita e a forza que expresan as mulleres dos mariñeiros. Participei como actor nun dos capítulos.
Zopilote
2007-2009
Air Galicia
Programa de humor da TVG con diferentes sketchs sobre a crítica social, a parodia ou o humor político. Actuei como presentador de "Xoias do cinematógrafo".
TVG
2007
Efectos Secundarios
Unha serie centrada na vida dun Centro de Saúde dunha pequena vila. Estiven durante once capítulos interpretando a Emilio.
TVG
2007
Arre Demo
Arre Demo foi un programa de humor no que participei desempregando varios roles, como actor e guionista, estaba baseado no coñecido formato de bromas feitas con cámara oculta.
TVG
2006
En pé da festa
Serie diaria de humor líder de audiencia na TVG. Interpreto a Mucha e a outras tantas personaxes.
TVG
2006
O Show dos Tonechos
Actor convidado neste programa de humor en que os protagonistas son o dúo Os Tonechos: Roberto Vilar (pai) e Víctor Fábregas (Tucho, o fillo). A serie conta as andanzas da familia.
TVG, Voz Audiovisual
2006
Perdelo Todo
Fun presentador neste programa baseado no formato da BBC Lose a Million no que catro participantes tiñan que demostrar habilidade física e destreza respostando preguntas de todo tipo.
TVG
2005
Supermartes
Foi un concurso dirixido a todos os públicos, no que só un dos participantes, despois de superar as probas, chegaba á fase final na que podía conseguir grandes premios. Eu participaba axudando na realización destas probas.
Radio
Radio Televisión de Galicia
2006-2009
Á tarde
Fun colaborador neste programa de radio interpretando ao personaxe Ramón Regoufe.
Cinema
Maruxiña Film Company, ZircoZine
2015
Os fenómenos
Película dirixida por Alfonso Zarauza. Trátase dun drama social que con pinceladas de humor, fala do esplendor e da decadencia do ladrillo a través dun personaxe interpretado pola actriz Lola Dueñas.
Tornasol Films, Milú Films, Continental Producciones
2006
Días azules
Longametraxe de Miguel Santesmanes na que interpreto a Pincha La Palma. É a historia de tres irmáns en dous momentos distintos das súas vidas nas que se combina o drama e a comedia romántica.
2006
Marta
Curtametraxe de Juan de Oliveira Rubinos.
Teatro
2018-actualidade
Somos Criminais
Exitoso espectáculo xunto a Carlos Blanco no que analizamos e dramatizamos crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asesinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego.
2017
Monólogos R. Dous homes e un vespino.
Neste monólogo forma tándem con Pepo Suevos, facendo as delicias do público, nunha serie de monólogos por toda a xeografía galega.
Ainé
2017
Agora en serio
Agora en serio é o título do novo espectáculo do Marcos Pereiro e Touriñán no que terá cabida todo ou case todo. En 2017 cúmprense quince anos da súa primeira actuación xuntos, un aniversario moi especial que celebrarán facendo o que mellor saben facer: comedia.
Eme2
2016
Monólogo do imbécil
A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demáis pero sempre pasa algo que acaba deixándoo con cara de parvo.
Ainé
2015-2016
Curtis & Teixeiro
Obra cómica na que interpreto a Teixeiro, un investigador privado cuxo compañeiro é Curtis (Fede Pérez). Xuntos intentaremos resolver algúns dos misterios máis de actualidade.
Etiqueta Negra
2015-2016
Amigos ata a morte
Exitosa comedia teatral de Javier Veiga que trata sobre a amizade e o amor, e na que comparto elenco con David Amor e Ledicia Sola.
R, Osdous Ardebullo
2014-2015
Viramos tolos pola tele
Monólogo colectivo que parodia os magazines televisivos e a súa ampla diversidade de contidos.
Undodez
2011-2015
Manolo Lojo
Manolo Lojo é un personaxe que o único que ten claro é que non quere seguir vivindo e conta os pormenores da súa vida.
Osdous Ardebullo
2002-2016
Cantareiras de Ardebullo
Dúo humorístico que formo con Marcos Pereiro e no que interpreto a Mucha. Este espectáculo suma xa máis de 400 funcións en auditorios e escenarios de toda Galicia.
Xacarandaina
2007
Prestixio
Espectáculo de música e baile tradicional no que participei como actor.
Guionista
TVG
2011
Un soño de Nadal
A parella humorística Mucha e Nucha vive e comparte con todos os galegos as festas de Nadal. Mentres están traballando na limpeza das instalacións da TVG en San Marcos, vénse en voltas nun enredo de tal calibre que deben encargarse de tódalas emisións durante unha noite enteira.

Contacto

A miña axencia de contratación é Ainé

Habilidades

Improvisación
Pádel
Comunicación
Novato
Avanzado
Experto
Master

Idiomas

Galego
Español
Portugués
Inglés

Hobbies

Comer
Pádel
Facer a mona

Info física

Peso
95 kg
Altura
185 cm
Pelo
Negro. Rizo.
Ollos
Marrón-verde
Rango de idade
25-45 anos